xoves, 3 de abril de 2014

LISTOS PARA DAR A SORPRESA


Este sábado 5 de abril desputarase na Coruña a 2ª rolda do Campionato Ibérico, sen dúbida, a cita máis importante da historia deste pequeno clube.

martes, 25 de marzo de 2014

DERROTA EN COMPOSTELA NA DERRADEIRA XORNADA

Estrela Vermelha 7-9 (30) - 3-6 (15) Pontevedra FG

O Pontevedra FG fecha a Liga Galega cunha derrota ante o Estrela Vermelha na derradeira xornada. E iso que non comezou nada mal o xogo para os de Pontevedra, que se adiantaron rapidamente no marcador, e que tiveron a situación baixo control nos primeiros 15 minutos.

xoves, 20 de marzo de 2014

ESTRELA VERMELHA - PONTEVEDRA FG, DOMINGO 19:15


Este domingo 23 de Marzo, despútase en Compostela a novena xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico. O xogo enfrontará ao Estrela Vermelha fronte ao Pontevedra FG, será ás 19:15 horas na capital galega.

O partido preséntase cun Estrela Vermelha que depende de si propio para gañar a liga, mais que non pode permitirse un erro fronte aos de Pontevedra para chegar coma líderes á derradeira xornada.

Por outra banda, o Pontevedra FG, xa asentado, tentará repetir as boas sensacións que deixou na anterior xornada fronte aos Fillos de Breogán, para despedir a liga coa cabeza ben alta e dispostos a competir de ti a ti có resto nas vindeiras competicións.

martes, 11 de marzo de 2014

PONTEVEDRA FG - FILLOS DE BREOGÁN DOMINGO ÁS 12:30


Este domingo ás 12:30 desputarase no Campo do Carrasco, en Marcón, a 8ª xornada da Liga Galega de fútbol gaélico, que enfrontará ao Pontevedra FG e ao Fillos de Breogán da Coruña.

domingo, 9 de marzo de 2014

9/3/13 - 9/3/14, 1º ANIVERSARIO

Poucos daquel pequeno grupo de rapaces que un 9 de Marzo de 2013 fundaba este clube, podían sequer imaxinar que só un ano despois, o seu proxecto estivera máis que consolidado, có clube competindo na Liga Galega, na futura Copa Galega e probabelmente nalgunha xornada do Campionato Ibérico...

mércores, 5 de marzo de 2014

O 9 DE MARZO CUMPRIMOS 1 ANO DE VIDA


Esta fin de semana cumprimos o noso primeiro ano de vida. Sangue e suor custou sacar adiante este proxecto, mais aquí estamos, contra vento e marea!