luns, 16 de xuño de 2014

5º CLASIFICADOS NA COPA GALEGA

Sabor agridoce, así se podería definir o pensamento da maioría dos nosos xogadores ao remate da copa. Agridoce porque alén de conseguir o obxectivo mínimo plantexado polo clube (quedar entre os 5 primeiros clasificados), o Pontevedra FG estivo a piques de alcanzar a semifinal e, porque non, soñar con fazer algo grande.

sábado, 31 de maio de 2014

MECOS FG 5-8 (23) - 3-7 (16) PONTEVEDRA FG

Derrota pola mínima no amigábel desputado onte no Grove. A equipa deu a cara en todo momento a pesar das múltiples baixas, e apiques estivo de levar a vitoria para Pontevedra.

Agora a penar na Copa Galega, que se desputara o dia 14 de xuño na Estrada.


LUME!

martes, 6 de maio de 2014

LISTOS PARA CONQUISTAR MADRID!


O Pontevedra FG presentará equipa propia no Campionato Ibérico que este sábado se desputará en Madrid. Trátase dun enorme paso para este pequeno clube, que pouco a pouco vaise facendo cada día máis grande.

mércores, 9 de abril de 2014

TRES DOS NOSOS NO 11 IDEAL DA XORNADA 8

Tres xogadores do Pontevedra FG, Juanjo, Davide e Mouco, forman parte do 11 ideal da xornada 8 da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

luns, 7 de abril de 2014

VIVA O FÚTBOL GAÉLICO GALEGO!

Todas as espetativas postas antes de desputar o Campionato Ibérico foron amplamente superadas, en todos os aspetos. A gran festa do fútbol gaélico galego non defraudou, nin moito menos, e sen dúbida converterase nunha experiencia inesquecíbel.